domingo, abril 16, 2006

Bandeiras galegas

Navegando pola rede, achei unha interesantísima páxina sobre a bandeira e o escudo galego ao longo da historia. Ben deseñado e moi pedagóxico, é con certeza un web que paga a pena ser visitado.

A ilustración que vedes aquí á esquerda é a reconstrución que se fai, a partir dun testemuño do século XVII, da hipotética bandeira do Reino Suevo.

Tamén falan clariño sobre a historia da bandeira e do actual escudo oficiais, que non son nin o un nin o outro elementos autonomistas, como será bo de ver.

Porén acho en falta nesta páxina unha referencia á bandeira coa estrela vermella: a súa historia e significado, os seus usos actuais (desde os actos do nacionalismo até as gradas dos campos de futbol), etc.

Vin Hable con ella

Onte á noite, vin xa este filme, como me propuxera nun anterior post.

Non gostei tanto del como de Volver nin tampouco vin nada moi especial no roteiro co que gañou o Óscar, a verdade. Que levase tal premio fíxome estar un pouco máis atento ás "técnicas" (até o ponto onde eu poida estar atento polos meus coñecementos) e reparei no esforzo por facer naturais os diálogos.

Iso si, moi almodovariano todo, de principio a fin.

Sem comentários: