quinta-feira, agosto 24, 2006

Areeiros

Areeiros

Probando, probando, probando... Hai alguén do outro lado??

domingo, junho 04, 2006

Emigracións e mitos

O Senado dos Estados Unidos aprobou unha iniciativa para reforzar o carácter de oficialidade do inglés e La Voz de Galicia transmítenos que isto se debe á forza que está a coller o español, cos temores conseguintes que suscita.

Coido que, tal e como foi a conformación dos estados americanos, sería bo recoñecer a súa pluralidade intrínseca e, en todo o caso, lembrar o que di a Declaración Universal de Dereitos Lingüísticos sobre os dereitos das comunidades ou persoas emigradas.

Porén, tamén me estraña (ou quero que me estrañe) tanta insistencia por defender e pór en valor os dereitos dunhas comunidades emigradas sobre outras. É un caso diferente ao dos Estados Unidos, con certeza, mais nos medios de aquí tamén se salienta, cando fai falta, a presenza castelán-falante de emigrad@s en Catalunya ou Euskadi e, por tanto, a defensa dos dereitos humanos deses emigrados e emigradas.

Obsérvese que diferenza de tratamento cos emigrantes galegos neses territorios ou en caisquer outros. Obsérvese a diferenza de tratamento cos emigrantes do leste, cos emigrantes da África... Aí xa non hai tal defensa de que manteñan a súa propia lingua, ou non?

Por certo, o que se fala nos Estados Unidos é español ou é spanglish?

domingo, abril 16, 2006

Bandeiras galegas

Navegando pola rede, achei unha interesantísima páxina sobre a bandeira e o escudo galego ao longo da historia. Ben deseñado e moi pedagóxico, é con certeza un web que paga a pena ser visitado.

A ilustración que vedes aquí á esquerda é a reconstrución que se fai, a partir dun testemuño do século XVII, da hipotética bandeira do Reino Suevo.

Tamén falan clariño sobre a historia da bandeira e do actual escudo oficiais, que non son nin o un nin o outro elementos autonomistas, como será bo de ver.

Porén acho en falta nesta páxina unha referencia á bandeira coa estrela vermella: a súa historia e significado, os seus usos actuais (desde os actos do nacionalismo até as gradas dos campos de futbol), etc.

Vin Hable con ella

Onte á noite, vin xa este filme, como me propuxera nun anterior post.

Non gostei tanto del como de Volver nin tampouco vin nada moi especial no roteiro co que gañou o Óscar, a verdade. Que levase tal premio fíxome estar un pouco máis atento ás "técnicas" (até o ponto onde eu poida estar atento polos meus coñecementos) e reparei no esforzo por facer naturais os diálogos.

Iso si, moi almodovariano todo, de principio a fin.

sexta-feira, abril 14, 2006

Antivirus

Non me refiro a min nin á miña dolorida gargantiña, senón aos do portátil e do PC. Vai xa para un par de meses que me caducou o antivirus que tiña e aínda non lle puxen remedio. Como o portátil me comezou a dar avisos importantes de que algo ía mal, estoulle a pasar o escaneado gratuíto de Panda. O resultado: de momento, 76 programas espías detectados.

segunda-feira, abril 10, 2006

Moi recomendábel

Gostei moitísimo do último filme de Almodóvar, que fun ver na pasada sexta pola noite.

Encantáronme: os diálogos maxistrais,
a visión da cultura da morte (cantas cousas dirá Marcial Gondar deste filme!), as personaxes femininas (incluída a interpretación de Pe, para a miña sorpresa), a aparecida que se pinta o cabelo e recoñecíbel polo olor dos seus peidos cal un personaxe de Cunqueiro (que boa Carmen Maura, con esas cariñas!!), ...

Terei que procurar o xeito de ver Hable con ella, que é unhas das que me falta deste director.




domingo, abril 02, 2006

Reinicio

Continúo vivo, mais non teño moito tempo para actualizar isto. Así que non podo contar moita cousa. Se alguén cae nesta páxina, que saiba que teño planos de facer algo un pouco máis a serio... algún día destes.
Bicos

quarta-feira, janeiro 04, 2006

Feliz ano 2006!

Vai sendo hora de ir para a cama, mais cando menos terei que pór esta postaxe para vos desexar o mellor para este ano occidental que acaba de comezar.
Boa noite e até mañá.