segunda-feira, fevereiro 19, 2007

Un pequeno regreso

Sigo en probas. Eternamente en probas.

quinta-feira, agosto 24, 2006

Areeiros

Areeiros

Probando, probando, probando... Hai alguén do outro lado??

domingo, junho 04, 2006

Emigracións e mitos

O Senado dos Estados Unidos aprobou unha iniciativa para reforzar o carácter de oficialidade do inglés e La Voz de Galicia transmítenos que isto se debe á forza que está a coller o español, cos temores conseguintes que suscita.

Coido que, tal e como foi a conformación dos estados americanos, sería bo recoñecer a súa pluralidade intrínseca e, en todo o caso, lembrar o que di a Declaración Universal de Dereitos Lingüísticos sobre os dereitos das comunidades ou persoas emigradas.

Porén, tamén me estraña (ou quero que me estrañe) tanta insistencia por defender e pór en valor os dereitos dunhas comunidades emigradas sobre outras. É un caso diferente ao dos Estados Unidos, con certeza, mais nos medios de aquí tamén se salienta, cando fai falta, a presenza castelán-falante de emigrad@s en Catalunya ou Euskadi e, por tanto, a defensa dos dereitos humanos deses emigrados e emigradas.

Obsérvese que diferenza de tratamento cos emigrantes galegos neses territorios ou en caisquer outros. Obsérvese a diferenza de tratamento cos emigrantes do leste, cos emigrantes da África... Aí xa non hai tal defensa de que manteñan a súa propia lingua, ou non?

Por certo, o que se fala nos Estados Unidos é español ou é spanglish?

domingo, abril 16, 2006

Bandeiras galegas

Navegando pola rede, achei unha interesantísima páxina sobre a bandeira e o escudo galego ao longo da historia. Ben deseñado e moi pedagóxico, é con certeza un web que paga a pena ser visitado.

A ilustración que vedes aquí á esquerda é a reconstrución que se fai, a partir dun testemuño do século XVII, da hipotética bandeira do Reino Suevo.

Tamén falan clariño sobre a historia da bandeira e do actual escudo oficiais, que non son nin o un nin o outro elementos autonomistas, como será bo de ver.

Porén acho en falta nesta páxina unha referencia á bandeira coa estrela vermella: a súa historia e significado, os seus usos actuais (desde os actos do nacionalismo até as gradas dos campos de futbol), etc.

Vin Hable con ella

Onte á noite, vin xa este filme, como me propuxera nun anterior post.

Non gostei tanto del como de Volver nin tampouco vin nada moi especial no roteiro co que gañou o Óscar, a verdade. Que levase tal premio fíxome estar un pouco máis atento ás "técnicas" (até o ponto onde eu poida estar atento polos meus coñecementos) e reparei no esforzo por facer naturais os diálogos.

Iso si, moi almodovariano todo, de principio a fin.

sexta-feira, abril 14, 2006

Antivirus

Non me refiro a min nin á miña dolorida gargantiña, senón aos do portátil e do PC. Vai xa para un par de meses que me caducou o antivirus que tiña e aínda non lle puxen remedio. Como o portátil me comezou a dar avisos importantes de que algo ía mal, estoulle a pasar o escaneado gratuíto de Panda. O resultado: de momento, 76 programas espías detectados.