
Hoxe debería ir ao paraíso perdido da miña infancia e mocidade a ver á familia e á veciñanza indecisa. Mais deiteime tarde, estou canso e non sei que facer... Se alguén sabe de un curso de autoaxuda que sirva para que un teña máis vontade e sexa minimamente efectivo, por favor, que deixe recado nos comentarios de aquí abaixo.
Levo días con varias cousas atrasadas que non dou sacado para adiante, co conseguinte agobio. Onte talvez perdín algunhas oportuni
dades importantes, ou talvez non. Quen sabe. E, para máis inri, aturar os inquéritos coa súa tendenciosidade. E as crónicas equidistantes de algún xornal.Mentres, TVE, tan obxectiva ela, decide sacarlle as castañas do lume a Touriño e anular o debate con escusas de mal pagador que nin tan sequera utilizou a TVG hai unha semana. Enfín! Para cando unha TV pública non partidaria?
Sem comentários:
Enviar um comentário